Taboleiros de xogo en Compostela
ADIADO POR COVID ATA NOVO AVISO
Percorrido guiado por Pablo Sanmartín e Luís Leclere do Colectivo A Rula, visitando algúns dos moitos taboleiros de xogo gravados en pedra que se poden atopar en Compostela.
- Venres 27 de maio de 2022
- 20:00 – Saída dende o local da Troita (Rúa Pombal 18)
- 22:00 – Retorno ao local para petiscos, charla e coloquio
- Inscricións en info@atroita.org
- Para a ruta non hai máximo de asistencia.
- Para a cea e a charla hai un tope de 25 persoas, por orde de reserva.
É unha alegría para nós poder contactar cunha asociación que tan bo traballo fai no eido do patrimonio histórico, especialmente na arte rupestre. Só é preciso visitar o seu sitio web para descubrir centos de sorpresas froito dunha dedicación entusiasta e rigorosa. Unha desas sorpresas foi saber que Compostela é un exemplo único nunha moi especial manifestación de arte rupestre: os taboleiros de xogo gravados na pedra. Tivemos a sorte de que A Rula accedese amablemente á nosa proposta de organizarmos un percorrido guiado por eses numerosos taboleiros que, sen dúbida, nos descubrirán unha perspectiva descoñecida da cidade.
Podedes ir abrindo boca con este completo artigo.