Unidade ou ruptura

16 de decembro de 2023 ás 21:30


Chega unha nova edición de Bicos de Nai, ás portas dun frío inverno aquecido pola inverosímil mobilización revolucionaria da dereita contra o delegado do Anti-Cristo en España. Todo parece ir romper, por enésima vez, -aínda que a ruptura nunca se veri que-, e os partidarios da sagrada unidade de destino no universal imitan vellos métodos rupturistas para esconxurar a apocalipse. Nacen así novos conceptos políticos como a Caye Borroka ou a Putodefensa, novo modelo de autoorganización política nacido dun in nitivo procaz que faría ferver os miolos de Lázaro Carreter, o mítico e límpido gramático da lingua española: putodefender. Toca putodefendelo todo, porque todo parece putoafundirse. E por que? Porque o delegado do Anti-Cristo en España putoconseguiu formar un putogoberno co apoio dunha putomaioría putoparlamentaria. Claro que estas cousas só acontecen en Madrid, e máis concretamente na rúa Ferraz, onde parece estar localizado o furado negro que ameaza con absorver o glorioso legado dos Reis Católicos e sumir a tersa pel de touro na eterna escuridade. De Portugal, xa falamos outro día, que non toca.


Por aquí pola periferia non somos tan pesimistas, porque producimos electricidade abondo para que Abel Caballero nos ilumine a todos durante o duro transo do Nadal. Iso permítenos seguir publicando novelas ou estreando dramas na nosa amada e maltratada lingua propia, mentres chupamos “rueda” como toda a vida. É o caso do convidado e máis da convidada que nos propón desta volta Bicos de Nai para observar e analizar a apocalipse desde a distancia.

El, Alberto Ramos, xornalista freelance e novelista consumado, logo de sobrevivir máis ou menos incólume a unha vitriólica polémica nas redes sociais, vén para presentarnos as súas últimas creacións, a novela “Os corpos dos Romanov”, indagación nas raíces da realidade europea actual, e “Conxo, non restraint”, un texto dramático sobre a violencia psiquiátrica na institución que mellor representa o inconsciente colectivo de Compostela, o Hospital de Conxo. Teatro e saúde mental, dous eixos fundamentais para termos unha ollada acaída sobre o noso presente.


Ela, Mónica Camaño, a redundar no drama desde o seu enorme talento, traeranos noticia do seu último traballo, “As Damas de Ferrol”, unha antiga peza de Eduardo Alonso remontada pola perspicaz visión de Clara Gayo para o Teatro do Noroeste, e que vén de ser estreada nesa misteriosa cidade que certo caudillo tratou de apropiarse para si polo simple feito de ter nacido nela. Con estes ferros aproveitaremos para rever a historia recente do teatro e a cultura galega cos ollos dunha actriz combativa e xenerosa que leva esa historia gravada no corpo. Despois de todo, a nosa realidade, a galega, como ben sabía e aínda sabe o Apóstolo Santiago, é a única chave que mantén pechada a porta da apocalipse hispana. Deus e Ana Pontón nos collan confesados.

Mónica Camaño (Cangas do Morrazo 1971)

Mónica Camaño (Cangas do Morrazo 1971)
A portentosa actriz canguesa enveredou na vida polo camiño da loloxía galego-portuguesa, dando o salto aos palcos na propia Aula de Teatro da USC. Naceu así, como un desvío, unha carreira actoral marcada pola paixón e a coraxe, da man de directores como Roberto Vidal Bolaño, Xan Cejudo, Celso Parada, ou Etelvino Vázquez e directoras como Cristina Domínguez, e de compañías xa míticas como Teatro do Aquí, Teatro Bruto, Teatro de Ningures, ou Teatro do Morcego. Foi solicitada moi cedo polo CDG, e nomeada e premiada nos María Casares en varias ocasións, recibindo tamén o premio Maruxa Villanueva pola súa interpretación en “As do Peixe” (2013), peza sobre as traballadoras da industria conserveira, escrita por Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez, que signi cou todo un revulsivo no noso teatro máis recente.


Dúas ducias de lmes e series de televisión contaron coa solvencia do seu talento en cintas como O lapis do carpinteiro (2002), Santa Liberdade (2004), Pataghorobí (2005), A biblioteca da iguana (2005), Coralia e Maruxa. As irmás Fandiño (2007), Nación (2021) ou series como As leisde Celavella (2003), A vida por diante (2006) ou Matalobos (2009-2013). En 2008 funda xunto a Zé Paredes a compañía Teatro Nu, desde a que defende un teatro comprometido coa singularidade social e cultural do país.

Alberto Ramos (Santiago de Compostela, 1986)
Licenciouse en Xornalismo na USC e traballou en medios como o Xornal de Galicia, Luzes, Dioivo, Praza Pública e Sermos Galiza facendo carreira como freelance. Simultáneamente encetou a súa prolí ca e premiadísima carreira literaria como novelista con títulos como “Dor pantasma” (2006), “Con acuse de recibo” (2010), “Todos os días” (2013), “Máscaras rotas para Sebastian Nell” (2014), “A simetría das bestas” (2018), ou “Os corpos dos Romanov” (2022), a súa última entrega e orixe dunha acre polémica, das que incendian as redes sociais e non deixan títere con cabeza. Practicou o ensaio en “Carvalho Calero fronte ao espello da memoria” (2020) e vén de facerse co premio Rafael Dieste de textos teatrais con “Conxo, non restraint”, peza sobre a violencia psiquiátrica no Hospital de Conxo. Alberto Ramos é un escritor áxil e pertinente, cunha habilidade implacábel para rescatar a memoria crúa das vivencias apagadas da conciencia.