A luz do negro

Presentación do documental “A luz do negro”, con Encarna Otero.
Promovido pola Comisión de Igualdade do CCG e dirixido por Encarna Otero, o documental “A luz do negro” presenta a vida e traballos das mulleres no ámbito do wolframio da Brea e o poboado mineiro de Fontao (Vila de Cruces). A extracción mineira acadou o seu apoxeo na II Guerra Mundial e a gran demanda alemana deste cobizado mineral para as súas unidades de combate. O documental recolle testemuñas audiovisuais e gráficas que narran como foron aqueles anos, sen eludir historias dramáticas como a presenza da guerrilla, de presos republicanos ou a morte de mulleres a mans da Garda Civil.
A excursión prevista para o día seguinte ímola adiar por dificultades de organización. Esperemos facela en primavera e poder disfrutar dunha fin de semana de baño na area recreativa de Merza.
Neste momento nin sequera esta aberto o museo que tantos cartos e esforzos costou facer:
 
 
En todo caso vémonos o Venres 26.
Un saúdo