Soberanía alimentar

VIDOVENRES- SOBERANÍA ALIMENTAR
Lembra que o vindeiro venres 7 de marzo, ás 20.30h. teremos unha charla con Lidia Senra sobre agricultura ecolóxica, o movemento slow food e a soberanía alimentar.

Haberá pinchos “de temporada”, se queres participar deles vaite apuntando, porfavor.

“a alimentación é, cada vez máis un recurso en mans da industria agroalimentaria, convertida nun valor refuxio da especulación financeira. Mentres tanto a xente que sempre viviu da agricultura se empobrece, e moitos países ricos en produtos naturais aumentan a dependencia da industria foránea”.

 

https://www.youtube.com/watch?v=Q28LTCvZ53s

 

Conversa con
: Lidia Senra. Produtora ecolóxica de Vedra. Ex-secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego e participante do movemento agrario mundial “vía campesiña”.