Contos do Mar de Irlanda

O vindeiro venres 31 Xurxo Souto presentará no local da Troita Armada, nunha actividade organizada en colaboración coa Asociación Cultural “ O Galo”, o seu libro “Contos do Mar de Irlanda”, ás 20.30h.
Nun ambiente recollido teremos ocasión de disfrutar das súas historias, cantar un pouco e e ao final compartiremos uns pinchos con receitas e produtos dos nosos mares

O aforo é limitado a 45 persoas, preferentemente socias.

Como se recolle na súa presentación editorial: «As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía. Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape Town, na fin de África. Un mariñeiro do Muro non saberá, quizá, de Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Antuerpe, que é como lle din en galego do mar a Amberes, o gran porto do Norte. Prodixioso saber gremial, absolutamente vedado a terrícolas e terrícolos. Cómpre romper con esta fronteira de silencio. E cómpre principiar a mollarse na auga máis doméstica: o Gran Sol. Caladoiros tan humanizados polos nosos avós que dende hai moitas décadas teñen nome en galego. Embárcate nestas palabras. Alén do paralelo 48º N, o Mar das Galiñas, a Cona da Vella, a Ferradura agardan. Está subindo a marea, ti non quedes varado en seco”

Por outra banda está é a primeira colaboración que a Troita Armada realiza coa Asociación Cultural “O Galo” de grande tradición na nosa cidade, e esperemos que sexa a primeira de moitas máis.

277733_102472663185392_7439456_o