ACTIVIDADES DE ITACA
A asociación Itaca pon en marcha un novo calendario peridico de actividades. Quen teña intención de participar nalgunha delas non ten máis que escribir un correo a itaca@itacafederacion.org., ou conectar na súa páxina de facebook: Itaca
Esta é a relación de actividades.
ACTIVIDADES SEMANAIS:
LUNS
Ludoteca (16.00h a 20.00h): actividade aberta para os socios e as socias
que queiran pasar coa rapazada as tardes dos luns no local de Itaca.
Comeza o luns 14 de outubro.
Baile Galego iniciación (20.00h a 21.00h): o grupo de iniciación
formarase a partir de 10 persoas, sabemos que sodes moitas as
interesadas, así que bulide e apuntarvos para poder comezar canto antes!
15€/mes.
Comeza en canto se forme grupo.
MARTES
Baile Galego nivel intermedio (20.00h a 21.00h).
15€/mes.
Comeza o 7 de outubro.
Baile Galego nivel perfeccionamento (21.15h a 22.15h).
15€/mes.
Comeza o 7 de outubro.
MÉRCORES
Guitarra iniciación (20.00h a 21.00h).
25€/mes.
Comeza o 5 de novembro.
Guitarra nivel intermedio (21.00h a 22.00h).
25€/mes.
Comeza o 8 de outubro.
XOVES
Curso de Ioga: formaranse dous grupos de nivel iniciación (xoves pola
mañá de 9.30h a 11.00h e pola tarde de 21.00h a 22.30h).
20€/mes.
Comeza o 8 de xaneiro.
ACTIVIDADES PUNTUAIS:
OUTUBRO
Xornada pola causa: o sábado 18 vémonos ás 11.00h en Itaca para seguir
poñendo a punto o local: limpar, ordenar, arranxar… Temos moito por
facer! Todas as persoas que queiran botar unha man serán benvidas!!
Ruta a Sarandón: sábado 25 e domingo 26. Para a rapazada de 8 a 18
anos. Enviaremos máis información a semana que vén.
NOVEMBRO
O Magosto : A Troita e Itaca xúntanse de novo para celebrar esta festa
tradicional a tarde do sábado 22. Faremos un recordatorio máis adiante
indicando como nos organizamos, pero ide reservando a data!
DECEMBRO
Ruta e paparola: o domingo 14 temos unha cita para pasar o día en
familia! Primeiro iremos explorar as antigas vías do tren desde A Sionlla
a Berdía e despois disfrutaremos dun cocido+festa no local.
Lembrade que para apuntarvos a calqueira das actividades só tedes que
enviar un correo: itaca@itacafederacion.org.
Agardamos participación! Apertas!