Descubrindo Itaca
Comezamos o curso DESCUBRINDO ITACA! Vémonos a fin de semana do 16 ao 18 no local de Itaca. Para poder durmir alí traede saco e estera!
O plan é o seguinte: quedamos o venres 16 ás 20.00h no local. Aproveitando o bo tempo iremos cear (cea da casa) e facer xogos á Alameda.
Ao día seguinte (sábado17) faremos unha ruta polos parques de Compostela e máis sorpresas. O domingo ás 12.00h rematamos o Descobre Itaca.
Quedada: venres 16 ás 20.00h no local.
Recollida: domingo 18 ás 12.00h no local.
Lembrade: saco, estera, prato, cazo, roupa cómoda para patear e a cea do venres 16.
Xa sabedes, para apuntarse: correo a info@itaca.gal
10€ soci@s /20€ non soci@s